Unha montaña de papeis para quitar unhas malas herbas
Por Oskar Viéitez
O goberno local xestionou xa a totalidade dos informes e autorizacións sectoriais necesarios para acometer a limpeza do camiño das Salinas, solicitado pola asociación de veciños San Esteban de Noalla.
O viario, que une A Revolta coa Lanzada, está afectado por terreos clasificados como chan rústico de protección de Costas, pola servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre e chan rústico de protección de espazos naturais e dentro da Rede Natura 2000, o que requiriu o beneplácito de Conservación da Natureza, da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar; da Consellería de Medio Ambiente; do departamento autonómico de Urbanismo e de Augas de Galicia.
O último dos informes favorables chegou ao Concello esta mesma semana, polo que o goberno local solicitou á asociación de veciños San Esteban de Noalla, para que presente a comunicación previa ao comezo das obras, requisito necesario para que estas poidan comezar.
Os traballos que o ente veciñal ten previsto levar a cabo consisten na limpeza de matogueiras, vexetación, lodos e areas que na actualidade interrompen o caudal de augas na zona, circunstancia que provoca a inundación frecuente do viario, dificultando o seu transitabilidad.
En concreto o colectivo veciñal procederá á limpeza lonxitudinal do marxe sur do viario e a restitución da canle natural das augas mediante a retirada de vexetación e terras sedimentadas. A actuación contempla tamén a limpeza e desatasco das tubaxes.