Un incendio nunha vivenda de Meis obriga a evacuar un veciño intoxicado
Por Redacción
Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron durante a noite deste xoves a unha persoa afectada por un incendio urbano no municipio de Meis.
Os feitos, segundo información facilitada polo Servizo de Emerxencias do 112 Galicia, producíanse ás 23.30 horas nunha vivenda situada no lugar de Nogueiró de Arriba. Por causas aínda por aclarar, ardía o mecanismo dunha persiana eléctrica e varios mobles de xardín.
A intensa fumareda provocada causou a intoxicación dun residente na vivenda, que chegou a sufrir un desmaio.
Tras recibir a alerta, o persoal do 112 Galicia reclamou a intervención dos Bombeiros do Salnés, voluntarios de Protección Civil e de axentes da Garda Civil.