O gobemo local de Cuntis presenta un orzamento de máis de tres millóns de euros
Por Oskar Viéitez
O grupo de gobemo do Concello de Cuntis ven de presentar o proxecto de orzamento xeral para o exercicio económico 2017, cuxo importe ascende a 3.009.825,53 euros.
En líñas xerais as contas do Concello de Cuntis recollen as consignacións para gastos de persoal facendo constar como indefinido a aquel persoal temporal que excede do tempo máximo recollido pola lexislación laboral.
No capítulo de gastos destaca un importante incremento dos créditos destinados a asistencia social, motivados principalmente polo aumento da demanda nas áreas relativas á dependencia.
Neste orzamento non existe endebedamento, polo que non se consignan créditos.
O informe económico financiero que acompaña aos orzamentos sinala que as previsións de ingresos "semellan razoables e acaídas á realidade do Concello", elaboradas en base a criterios de caixa.
Engade que os créditos iniciais para gastos "semellan suficientes" para atender as obrigas ordinarias ás que ten que facer fronte o consistorio, polo que conclúe que este proxecto "presenta equilibrio orzamentario".