Os populares critican que o novo orzamento da Deputación está baleiro de contido
Por Oskar Viéitez
Enfadados por non ter tempo suficiente para analizar a fondo o borrador de orzamentos da Deputación de Pontevedra para o próximo ano, os deputados do Partido Popular critican as contas elaboradas polo goberno provincial do Partido Socialista e o BNG por estar "baleiras de contido".
En rolda de prensa os portavoces populares, Nidia Arévalo e Ángel Moldes, acompañados polo resto de membros do grupo provincial aseguraron que o borrador dos orzamentos non contén propostas e do mesmo xeito que ocorreu o pasado ano "segue sen motor e sen alma" polo que din estar "preocupados" por esta "parálise".
"A metade do orzamento do ano pasado está sen executar", sinalou Nidia Arévalo
Ademais reprocharon que "a metade do orzamento do ano pasado está sen executar", sinalou Nidia Arévalo.
Entre outras críticas, indicaron que o orzamento para 2017 abunda no "desmantelamento do Parque de Maquinaria", da as costas aos concellos e aos colectivos sociais, non é transparente e adica menos diñeiro aos pequenos concellos que cando a institución estaba presidida por Rafael Louzán.
Neste sentido, Ángel Moldes sinalou que na Deputación hai un "goberno da contradición" pois antes sinalara como "ilegais" aos fondos de libre disposición aos que agora, segundo dixo, recorre a presidenta Carmela Silva, á que acusou de mentir e brindar un "trato discriminatorio" a algúns concellos.
Relacionadas:
-
Diálogo e máis financiamento para os concellos, principais alegacións do PP ao orzamento da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
"E tempo de diálogo, de amor de flower power"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación instalará cerca de 600 redutores de tráfico nas estradas provinciais
Por Redacción |
-
A Deputación presenta un orzamento "profundamente continuista"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |