Os viños galegos amosarán as súas variedades de sabor na Casa da Luz
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Aqueles afeccionados ao viño que teñan unha especial curiosidade polas diferentes variedades galegas contarán cunha oportunidade inescusable esta fin de semana do 26 e 27 de novembro para beber viño do país no Túnel do Viño Galego, que se celebrará na Casa da Luz, na Praza da Verdura, o sábado en sesións de mañá e tarde, mentres que o domingo terá horario matinal.
No mediodía deste mércores presentábase no Concello de Pontevedra esta edición que destaca, segundo Antonio Portela, catadora de viños galegos, pola presenza de 35 adegas cunha ampla representación das distintas variedades de viños como os procedentes, entre outros lugares, de Betanzos, Barbanza, Ribeira do Morrazo, Valdeorras, Monterrei, Ribeira Sacra ou das Rías Baixas.
Todos eles ofrecen diferenzas de sutilidad, apunta Portela, cunha riqueza varietal grande e con caldos que ofrecen máis matices atlánticos, máis calidez ou diferentes aromas que aquelas persoas que se acheguen á Casa da Luz poderán apreciar.
Será unha oportunidade para probar tanto os viños das denominacións de orixe como os que se distribúen á marxe e que contan con gran calidade. "Antes búscabase máis alcol, agora búscase a calidade", afirmou Antonio Portela sinalando que se abriron novos mercados en Xapón, Nova York ou Londres para os caldos galegos.
Poderase acceder a través dunha entrada cun prezo de 5 euros, coa que se regala unha copa serigrafiada. A cata privada ten un prezo de 10 euros. Este evento atópase organizado por FRUGA e pola Asociación galega de Viticultura.
Relacionadas:
-
Un cento de viños de 40 adegas danse citan no Túnel do Viño Galego
Por Redacción |
-
Éxito de exportacións da D.O. Rías Baixas, que mira con preocupación a Donald Trump
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Casa da Luz, escaparate para os viños galegos
Por Redacción |
-
Cambados, elixida Cidade Europea do Viño 2017
Por Oskar Viéitez |