O PSOE insta o goberno municipal a mellorar a limpeza de beirarrúas e terreos na contorna da cidade
Por Redacción
"A cidade non son só as rúas céntricas. A cidade tamén é a periferia e os barrios. Se queremos que o modelo de cidade sexa algo máis que unha frase, o goberno debe actuar en consecuencia e ter a mesma consideración con todos os veciños. Pasear polas beirarrúas dalgúns barrios é unha viaxe a un mundo diferente ao que pinta o alcalde", indicou o portavoz do grupo municipal do Partido Socialista, Tino Fernández.
Fíxoo tras presentar un solicitude para que se actúe nas beirarrúas da zona da avenida de Compostela.
Para Tino Fernández, esas beirarrúas son só un exemplo do que ocorre noutras moitas zonas da cidade "das que o goberno non fala cando quere vender os éxitos de Pontevedra. E é unha realidade que está a pouco mais dun quilómetro da Casa Consistorial".
Os socialistas pontevedreses sinalan a existencia de beirarrúas con falta de mantemento nas que crece a herba ou que son invadidas pola maleza dos terreos próximos sen que se adopten medidas, cuestións todas elas de "xestión diaria", que a xuízo de Tino Fernández "parece que lle aburre ao alcalde, pero é tan importante como os grandes temas".