A mediana da ponte de Santiago converterase nun "recuncho verde"
Por Redacción
O primeiro treito da avenida de Compostela verá mellorada substancialmente a súa imaxe. Será a través dunha actuación encargada polo Concello.
En concreto, os traballos centraranse no arranxo e embelecemento da mediana que vai dende a ponte de Santiago ata a rúa Xoán Manuel Pintos e a rotonda do pavillón.
As obras, coordinadas polo departamento de Medio Ambiente Natural, comezaron co levantamento da mediana e seguirá coa instalación do rego coa fin de convertela nun recuncho verde con plantas e arbustos ornamentais. Un tratamento similar farase na rotonda.
Nestes espazos instalaranse, entre outras, árbores como camelia ou lagerstroemia índica e arbustos como berberis, agapanto, lavanda, leptospermun, azalea, lantana, santolina e loureiro real.
Esta actuación supón un investimento de arredor de 22.000 euros e a previsión é que estea rematada nun par de semanas.
Estes traballos execútanse tras unha primeira intervención que supuxo a mellora da accesibilidade e a implantación de medidas de calmado de tráfico na zona.
O Concello busca así mellorar as estradas de acceso á cidade, a primeira imaxe que teñen os centos de condutores e viaxeiros que cada día veñen á capital do Lérez.
Relacionadas:
-
A entrada á cidade pola avenida de Compostela muda a súa imaxe
Por Redacción |
-
O PSOE insta o goberno municipal a mellorar a limpeza de beirarrúas e terreos na contorna da cidade
Por Redacción |
-
Parques e Xardíns comeza a plantación de ducias de violetas, ciclámens, narcisos e tulipáns
Por Redacción |