Dous detidos polo roubo no bar La Paloma
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron dous mozos de 26 e 20 anos de idade, veciños de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presuntos autores dun roubo con forza no bar La Paloma.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría de Pontevedra, os feitos sucederon na madrugada do día 23 de novembro. Tras alertar ao 091 unha patrulla policial acudíu ao lugar e observaron dous individuos nas proximidades do local que ao decatarse da presenza dos axentes saíron fuxindo á carreira.
Un deles foi localizado pola pasarela da vía do tren e o outro nas inmediacións da barriada da Seca, sendo identificados e detidos polo roubo con forza no local.
Estes individuos forzaron o cadeado da parte traseira do bar e unha vez no interior cunha cadeira romperon a máquina comecartos apoderándose das moedas, que un deles levaba no peto do pantalón no momento da detención.
A ambos lle constan multitude de antecedentes policiais por feitos de similares características.
Os detidos foron postos a disposición da autoridade xudicial.