Doce anos e medio de prisión para o autor confeso do crime do conxelador
Por Redacción
Doce anos e medio de prisión por homicidio. É a condena que impuxo a Audiencia de Pontevedra a José Antonio Fruttos Ayala, un veciño de Ponteareas que matou a golpes a un empresario de Nigrán co que mantiña unha relación de amizade e que, tras descortizalo, ocultou o seu corpo nun arcón conxelador durante meses.
De acordo co veredicto unánime do xurado, a sentenza considera probado que o acusado deu morte a José Jesús Isasi o 22 de marzo de 2014, tras saír de festa xuntos e regresar ao domicilio do primeiro.
Tras manter unha discusión con el, Frutos Ayala deulle "repetidos golpes" cun obxecto contundente na cabeza, "posiblemente un ferro" de tal forma que lle fracturaron o cranio e "destruíronlle" o cerebro.
Para ocultar o crime e evitar a descomposición do corpo, escondeu o cadáver nun arcón conxelador e pechouno cunha cadea e un cadeado.
A sentenza obriga ademais a José Antonio Froitos Ayala a indemnizar á esposa do falecido, aos seus dous fillos, aos seus pais e á súa irmá con 50.000 euros para cada un.
O tribunal tamén atopou culpable a David Pumares, un amigo do acusado, ao que condena á seis meses de prisión por un delito de encubrimento, por facilitar a fuxida a Portugal do autor do crime, prestándolle un vehículo, cando este lle confesou os feitos.
Relacionadas:
-
O homicida do conxelador, ante o xuíz por delito fiscal
Por Redacción |
-
Unanimidade do xurado para declarar culpable de homicidio ao autor confeso do crime do conxelador
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O autor confeso do crime do conxelador: "Pido perdón a la familia, fue una noche de mucha bebida"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Confesa que matou un amigo e conxelouno descortizado, pero con matices: "Fue un empujón, él cayó y se golpeó la cabeza"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |