Corte de auga na zona centro do Grove para acometer obras de reparación na tubaxe xeral
Por Redacción
A partir das 16.00 horas deste xoves 1 de decembro, a zona centro este do Grove sufrirá un corte de auga debida ás obras de reparación da tubaxe xeral, na zona entre Luís A. Mestre e a rúa Castelao.
O corte afectará tamén as rúas Alexandre Bóveda, O Sineiro, Estrada do Conde, Porto Meloxo, Meloxo, Terra de Porto, Campos, Estonllo, O Corgo e Lordelo. Na zona oeste está previsto que a subministración se manteña sen problemas.
O goberno local tiña previsto que se acometese a obra de reparación durante a madrugada para evitar molestias aos veciños, pero o mal estado da canalización facía imposible esperar a esa hora e decidiuse actuar canto antes.
O Concello do Grove sinala que un dos grandes problemas do centro da vila é o mal estado en que se atopan as canalizacións nas que moitas rúas foron reparadas só no pavimento, pero non se modificaron as tubaxes que levan instaladas desde hai varias décadas.
Segundo informan desde o goberno local, a obra ten unha gran dificultade e espérase que se poida restituir a subministración a partir da noite.