Os futuros profesores experimentan a sensación de ser invidentes
Por Redacción
Adestrar un can para que sexa guía dun invidente ten un custo de 30.000 euros. É un dos datos que sorprendeu a estudantes da Facultade de Ciencias dá Educación e do Deporte no campus de Pontevedra durante a mañá deste luns que nunha actividade promovida pola Comisión PEA-Unesco e pola profesora María Luisa Rodicio experimentaron as dificultades coas que se atopan as persoas con dificultades de visibilidade, segundo publica o DUVI.
A través de María e da súa cadela guía Onara, estes estudantes coñeceron nas súas propias carnes os obstáculos aos que teñen que enfrontarse as persoas invidentes todo os días.
A actividade desenvolveuse cun exercicio no que os estudantes tiña que camiñar cos ollos vendados e un bastón polo salón de actos sorteando barreiras que María foi colocando en distintos puntos. A cadela guía axudáballes no percorrido.
Esta actividade celébrase con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade e que se enmarca dentro das iniciativas da materia Titoría e orientación á familia, do grao en Educación Infantil. Unha actividade na que se incidiu nas dificultades que teñen que afrontar, sobre todo, os escolares invidentes e as pautas para intervir neses casos.