![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e37/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/584e5c2137-img-20161212-wa0002.jpg)
© Concello de Pontevedra
A alta contaminación de Pekin obriga o alcalde de Pontevedra a poñer a máscara
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Curiosa imaxe a que remite a delegación municipal do Concello de Pontevedra da súa estancia en Beijin.
Os altos niveis de contaminación que sofre a capital China aconsellan o uso de máscaras por parte dos cidadáns.
Xunto ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, viaxaron a concelleira de Promoción dá Cidade, Anabel Gulías, o xefe da Policía Local, Daniel Macenlle, e o responsable de comunicación, Antón Prieto, que remitiu a fotografía.
O alcalde será o protagonista este luns dunha conferencia sobre o modelo urbano de Pontevedra que acolle a China Fortune Land Development, unha empresa público-privada que se dedica a deseñar novas cidades ou reformar algunhas existentes e que está interesada en coñecer o modelo pontevedrés, que minimiza o número de coches e limítaos ao tráfico de necesidade.