Belas Artes acolle unha xornada de creación e convivencia con 'Re-creo De-forme'
Por Redacción
Belas Artes converteuse durante este mércores nun espazo de convivencia no que o alumnado promoveu un mercado de creacións, con actuacións musicais e unha performance baixo o título de Re-creo De-forme.
A cita serviu, tal e como publica o DUVI, para ofrecer unha serie de intervencións pictóricas sobre a cristaleira do patio interior da Facultade, realizadas por docentes e tamén por estudantes do centro.
O evento ofrece un mercado dirixido a mostrar pezas e obxectos creados por ao redor de vinte estudantes nos que se presentan láminas, fotografías, camisetas, fanzines ou tallas de madeira. Ao mesmo tempo realizouse unha performance protagonizada pola alumna Vanesa Soares e desenvolvéronse xogos e concursos.
Ademais, este xoves 15 a facultade acolle un encontro sobre o papel que exerce o feminismo na educación baixo o título 'Achegándonos ao feminismo'. Será a partir das 18.00 horas e durante este encontro realizaranse catro relatorios sobre as diferenzas educacionales en relación ao xénero.