O novo centro educativo de O Revel, protagonista da reunión entre Cores Tourís e Gonzalo Pita
Por
O novo centro educativo do Revel, en Vilalonga, acaparou este xoves a reunión celebrada entre o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita con motivo da ronda de visitas institucionais realizada polo primeiro por todos os concellos da súa área competencial.
O Concello de Sanxenxo indicou que a construción do futuro colexio foi a principal demanda exposta por Gonzalo Pita. Ao respecto, a Xunta indicou que o delegado insistiu no feito da necesidade de que a Xunta conte cos terreos para poder executar a obra, mentres que o alcalde informou a Cores Tourís de que está a piques de concluír o proceso para rexistrar as parcelas expropiadas no Revel, último trámite para poñer a disposición da Consellería de Educación os terreos para a construción do futuro colexio.
Segundo o Concello, Cores Tourís mostrouse moi sensible con este tema e comprometeuse co alcalde a manter unha nova reunión en canto conclúa todo o proceso de posta a disposición dos terreos, posiblemente o mes próximo, para analizar posibles fórmulas que permitan á administración autonómica acelerar a posta en marcha do devandito centro.
O alcalde de Sanxenxo tamén explicou ao delegado territorial a precariedade na que se atopan as instalacións do colexio Cruceiro, no que a Xunta deixou de investir hai xa varios anos apostando pola construción dun futuro centro escolar para esta parroquia, e aproveitou para solicitar ao delegado territorial a colaboración de Educación na execución da pista cuberta no colexio de Nantes, un proxecto para o que o Concello comezou xa a buscar cofinanciación.
Relacionadas:
-
Os orzamentos da Xunta inclúen fondos para o novo colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |
-
O concello pide unha subvención á Deputación para construír o centro sociocultural de Vilalonga
Por Redacción |
-
O sistema de calefacción dos colexios de Sanxenxo, principal demanda a Educación para o próximo curso
Por Redacción |
-
Os afectados do Revel cobran as cantidades fixadas polo tribunal de expropiación
Por Redacción |
-
O Concello abonará as expropiacións do Revel o día 15
Por Redacción |
-
Sanxenxo poñerá a disposición da Xunta os terreos do Revel en outubro
Por Redacción |