Froiz e Viaqua renovan o seu compromiso de colaboración co Pazo da Cultura
Por Alejandro Espiño
O Pazo da Cultura volverá contar coa colaboración económica de dúas empresas para financiar a súa programación para o ano 2017. Trátase de Froiz e de Viaqua, cuxos responsables asinaron este venres o novo contrato de patrocinio co alcalde.
Segundo explicou Miguel Anxo Fernández Lores, a empresa de alimentación destinará 6.000 euros, mentres que a compañía que xestiona o abastecemento de auga e o saneamento de Pontevedra achegará outros 4.000 euros.
Trátanse de dúas empresas, destacou Fernández Lores, que mantiveron a súa colaboración co Pazo "contra vento e marea" a pesar da crise económica e dos "tempos díficiles" dos últimos anos.
O goberno municipal confía en que unha vez que a economía española parece remontar aos poucos haxa unha maior achega da empresa privada ao Pazo da Cultura, para seguir ofrecendo aos pontevedreses unha programación de calidade.