'Caldelas Tapas Quentes', preto das 4.000 tapas vendidas
Por Redacción
O concurso gastronómico 'Caldelas Tapas Quentes' continúa enchendo de ambiente as noites dos venres de decembro en Ponte Caldelas. Xa se venderon preto de 4.000 tapas nas tres primeiras xornadas.
Trátase dunha iniciativa do Concello de Ponte Caldelas, na que participan 12 establecementos hostaleiros. Os próximos venres 23 e 30 serán os últimos deste certame.
As tapas ofrécense a un prezo único de 2,50 euros, incluíndo unha bebida básica. Durante as primeiras xornadas detectouse a presenza de visitantes de distintos puntos da comarca.
O fallo do gañador do certame coñecerase cando finalice este concurso, no mes de xaneiro. O xurado está formado polo cociñeiro galarddonado coa estrela Michelín, Pepe Solla, ademais de Sergio Orge e Rubén González, gañadores dos concursos De tapas por Galicia e Pontedetapas
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas inicia un curso de tapas para desempregados
Por Redacción |
-
Unha chiscadela á comida brasileira, gañadora do certame Caldelas Tapas Quentes
Por Redacción |
-
Os cociñeiros Pepe Solla, Sergio Orge e Rubén González xa teñen gañador do "Caldelas Tapas Quentes"
Por Redacción |
-
O Caldelas Tapas Quentes comeza con doce establecementos a concurso
Por Redacción |