Aprobados os convenios con sete entidades sociais de Pontevedra
Por Redacción
A Xunta de Goberno local do Concello de Pontevedra aprobou este luns a prórroga de sete convenios con outras tantas entidades sociais.
O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, apuntou que esta medida é unha mostra do "compromiso social" do Concello.
As entidades beneficiadas son Asociación Down Pontevedra "Xuntos", con 80.000 euros; Comedor de San Francisco, 12.000 euros e o albergue de transeuntes de Cáritas San Javier, 12.000 euros.
Todas estas son entidades que tiñan convenio por catro anos e o que se aproba é a primeira prórroga por un ano máis para o próximo 2017.
A Amencer-Aspace recibe 6.000 euros, a Asociación Rexurdir Provincial 7.000 euros; Alba Asociación de familiares e amigos de enfermos psíquicos, 13.000 euros e Amizade, 2.000 euros. Estes son convenios por un ano e aprobouse a segunda prórroga