A bailar na Peregrina sen síntomas de friaxe
Por Redacción
40 bailaríns de Odisea Factory Dance ofreceron unha exhibición na praza da Peregrina durante as últimas horas co obxectivo de mostrar as súas habilidades ante os numerosos viandantes que pasan durante estes días polo centro da cidade para realizar as súas compras do Nadal.
Os bailaríns de idades moi novas ofreceron diferentes estilos de danza, que axudaron a animar o festivo ambiente do Nadal que se vive nas rúas nesta época de compras. Coa súa enerxía fixeron fronte as baixas temperaturas.
Este colectivo forma parte dun ximnasio da cidade que colaborou estas festas coa asociación Difusión Felina, candidata aos Premios Cidade de Pontevedra.