A Deputación tende a man á Xunta para traballar polo turismo
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tendeu a man á Xunta de Galicia para "trabajar conjuntamente" polo sector turístico para "consolidar" os "buenos datos" que se rexistraron durante este ano 2016.
Carmela Silva insistiu en que para iso cre que é necesario "apostar por la excelencia en todos los servicios que prestamos".
A presidenta da administración provincial pontevedresa quere falar co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "porque creo que la Xunta tiene que hacer un esfuerzo para aglutinar a las cuatro diputaciones para que trabajemos conjuntamente en el sector turístico", dixo Carmela Silva, no convencemento de que "es de interés para todos y debemos aunar esfuerzos".
Neste sentido a presidenta apuntou que "seguramente" hai que mellorar os equipamentos hotaleiros, hostaleiros e demais, polo que Carmela Silva pediu "un esfuerzo" ao goberno galego para que impulse un "gran proyecto de modernización de los equipamientos turísticos", como o que impulsou no seu día José Luis Rodríguez Zapatero, durante a súa etapa como presidente do Goberno de España.
"Yo espero reunirme pronto con el señor Feijóo porque es una de las cuestiones que quiero poner encima de la mesa", dixo respecto diso Silva.
Desde a Deputación de Pontevedra o goberno provincial ten aprobado un plan básico de turismo "que es la guía que nos va a servir" para dar os seguintes pasos, a partir de xaneiro, cando "nos vamos a empezar a sentar con todo el sector".
Carmela Silva asegura que entre os "retos" que a Deputación ten por diante atópase "trabajar junto al sector turístico para ofrecer cada día más calidad, ser excelentes en la prestación de servicios"
De modo que o próximo mes de xaneiro a Deputación comezará a elaborar o seu plan estratéxico mediante unha serie de encontros con concellos, o sector privado e outras administracións, cunha serie de asuntos en carteira como a necesidade de continuar avanzando na dixitalización dos servizos, pola formación dos profesionais do sector ou por "definir con claridad aquello que nos identifica más y ser capaces de trasladarlo al conjunto de España y fuera de España".
Carmela Silva apunta que nas Rías Baixas "no queremos un turismo masivo" e que os turistas "no vengan una sola vez porque hacemos unas grandes campañas y llamamos la atención" senón que insistiu na "calidad y la excelencia" para que "la gente quiera volver a venir" o que implica que "hay que cumplir las expectativas para que la gente quiera volver".
Relacionadas:
-
O plan estratéxico de Turismo estará aprobado en decembro para potenciar o sector
Por Redacción |
-
"Moito por descubrir" nunhas Rías Baixas nas que "témolo todo, así que saiamos a contalo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Príncipe Felipe e o Pazo de Lourizán, entre as "posibles" transferencias entre Deputación e Xunta
Por Alejandro Espiño |
-
O PP reclamará á Deputación unha "estratexia clara" que potencie o turismo
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra rexistrou unha ocupación hoteleira do 40% en decembro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A chegada de turistas ás Rías Baixas logra na ponte de decembro 26 puntos máis ca en 2015
Por Redacción |
-
"Espectaculares" datos turísticos en outubro en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |