Comisiones Obreras pide a dimisión do xerente dos hospitais de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0b4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/576a876717-20160622-patxot-ccoo-rafa-vazquez-gerencia-chop-saude-078.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a2e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/57277ed73d-20150311-patxot-reunion-psoe-asociaciones-tino-003.jpg)
© Mónica Patxot
O sindicato Comisiones Obreras (CC.OO.) pide a dimisión ou o cesamento do xerente dos hospitais de Pontevedra, José Manuel González, despois da sentenza favorable a Víctor Pedreira, o que fora xefe do servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario.
A sentenza é recurrible polo Sergas. Con todo, a Rafael Vázquez, delegado de CC.OO., parécelle preocupante que na sentenza do xulgado número dous do Contencioso Administrativo de Pontevedra se recolla que a comisión de avaliación vulnerou os principios que rexen o procedemento de igualdade, mérito e capacidade ao primar a un candidato en detrimento do outro para o posto de xefe do servizo.
A sentenza establece a nulidade do proceso ao detectar indicios de imparcialidade por parte do tribunal. Comisiones Obreras indica que esta situación obriga á Consellería de Sanidade a cambiar o seu modelo de contratación. Rafael Vázquez afirma que tanto desde a Consellería como desde a gerencia míntese á poboación e aos representantes dos traballadores ao tratar temas como o Gran Hospital de Montecelo.