Louzán vese vítima de "escarnio" e asegura que será xulgado por suborno "por ser quen fun"
Por Alejandro Espiño
Un día despois de que a xustiza ordenase abrir xuízo oral contra el, acusado dun presunto delito de suborno, Rafael Louzán deféndese. O ex presidente da Deputación de Pontevedra, asegurou que está a ser vítima dun "escarnio" e non dubidou en sinalar que será xulgado "por ser quen fun".
Nunha rolda de prensa celebrada en Santiago, Louzán afirmou sentirse como branco dunha "pena de telexornal", xa que lembrou que o caso parte dunha denuncia anónima para "ensombrecer" a súa xestión. Así, dixo estar inmerso nunha "secuencia case de película", motivo polo que lle gustaría coñecer "que interese hai neste tipo de proceder".
O actual presidente da Federación Galega de Fútbol dirixiu as súas críticas ás formas de proceder da xustiza, xa que asegura decatarse de que ía ser xulgado a través dos medios de comunicación, e ao fiscal de delitos económicos, Augusto Santaló, ao que recomenda operar baixo probas "fehacientes" e non "por outro tipo de cousas".
Rafael Louzán, que se preguntou se con esta causa "queremos xustiza ou axustizar", reiterou que na súa actuación non hai irregularidade "ningunha", algo que cre que se clarificará "de maneira mesmo máis rotunda" coa celebración desta vista oral na Audiencia de Pontevedra, onde será xulgado por un tribunal popular.
"Non estamos diante dun caso que se derive da miña xestión pública", engadiu Louzán, que se mostrou "plenamente convencido" da legalidade de todas as súas actuacións, algo que ratifican "sen excepción" todos os testemuños. Por iso, reiterou que está "moi tranquilo", algo que dixo "non pode ser doutro xeito se de verdade hai xustiza".
Relacionadas:
-
O TSXG desinfla a acusación contra Louzán por suborno e fala dunha posible "vulneración do dereito á intimidade"
Por Natalia Puga |
-
O xuízo a Rafael Louzán por suborno, pendente do TSXG
Por Natalia Puga |
-
A defensa de Louzán alega na Audiencia que o delito de suborno que lle atribúen está prescrito
Por Natalia Puga |
-
Louzán seguirá cobrando como asesor do PP a pesar de que será xulgado por suborno
Por Natalia Puga |
-
Louzán pide a baixa temporal como militante do PP
Por Natalia Puga |
-
Rafael Louzán sentará finalmente no banco por suborno polos baixos de Navia
Por Natalia Puga |
-
Louzán opta por non declarar ante a xuíza que o investiga polos agasallos en viño da empresa Monbus
Por Natalia Puga |
-
Louzán, citado a declarar como investigado nun xulgado de Lugo por aceptación de suborno
Por Natalia Puga |