Louzán pide a baixa temporal como militante do PP
Por Natalia Puga
O ex presidente da Deputación e do PP provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, solicitou a baixa temporal como militante do seu partido "ata que se resolva o procedemento" xudicial polo que sentará no banco dos acusados da Audiencia por un presunto delito continuado de suborno impropio.
A decisión adoptouna un día despois de que se dese a coñecer o auto do Xulgado de Instrucción número 2 de Cambados polo que se decreta a apertura de xuízo oral contra Louzán, a súa esposa, Teresa Cores Fernández, por suborno impropio; e contra o ex deputado do PP na Deputación por Pazos de Borbén Severino Reguera Varela, no seu caso por un delito continuado de suborno pasivo.
Louzán solicitou a suspensión temporal de militancia este xoves e, unha vez que a recibiu, o PP emitiu un comunicado anunciando a noticia e agradecendo "a súa disposición". Ao mesmo tempo, o partido reiterou o seu "respecto absoluto pola presunción de inocencia".
A baixa temporal chega poucas horas despois de que o presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sinalase nunha rolda de prensa en Santiago que "é evidente que ten que tomar unha decisión" e que "espero que a confirme nas próximas horas" e que comunique ao partido "exactamente esta nova situación procesual na que se atopa e as consecuencias políticas que leva".
Relacionadas:
-
A defensa de Louzán alega na Audiencia que o delito de suborno que lle atribúen está prescrito
Por Natalia Puga |
-
Louzán seguirá cobrando como asesor do PP a pesar de que será xulgado por suborno
Por Natalia Puga |
-
Louzán vese vítima de "escarnio" e asegura que será xulgado por suborno "por ser quen fun"
Por Alejandro Espiño |
-
Rafael Louzán sentará finalmente no banco por suborno polos baixos de Navia
Por Natalia Puga |
-
"Creo sinceramente que este caso se existe é porque me chamo Rafael Louzán e fun presidente da Deputación"
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía pide un ano de prisión para Louzán por un delito de aceptación de suborno
Por Natalia Puga |