O carril bici do paseo da Calzada executarase na primavera
Por Oskar Viéitez
Os técnicos municipais do Concello de Ponte Caldelas xunto cos da empresa adxudicataria das obras no paseo da Cazada acordaron aprazar ata a primavera o pintado e sinalización do carril bici, de case un quilómetro, para que as condicións ambientais sexan as máis idóneas para garantir a durabilidade da capa de pintura vermella que se vai aplicar.
O equipo de goberno tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) empregou boa parte dos remanentes do orzamento de 2015 cunha modificación de crédito para contratar esta obra cun investimento moi próximo aos 100.000 euros. Os traballos foron executados nun prazo dun mes.
Os traballos consistiron na mellora do asfalto incluíndo badéns redutores de velocidade, reparación das beirarrúas do lado do río e construcción de muros de pedra nos espazos onde os propietarios cederon terreos para a ampliación do paseo.
O alcalde, Andrés Díaz, afirma que ponse así fin ao "vergonzante" estado en que se encontraba un paseo que é un dos emblemas do municipio, ao constituír o acceso á única praia fluvial de toda España con bandeira azul. Un abandono que cualificou como "incomprensible" e que "sorprendía negativamente" aos numerosos visitantes que se achegan a este espazo durante o verán.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas estrea carril bici entre o centro urbano e a praia da Calzada
Por Redacción |
-
Licitan a explotación do quiosco da praia fluvial da Calzada
Por Redacción |
-
Comezan o asfaltado do paseo da Calzada e a creación dun carril bici no río Verdugo
Por |
-
Ponte Caldelas recibe novos fondos do Plan Concellos para catro actuacións
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas contará cun carril-bici no paseo da praia da Calzada
Por Redacción |