Condenan a un septuaxenario tras 'cazalo' conducindo sen carné dúas veces en catro días
Por Natalia Puga
Un pontevedrés de 78 anos foi condenado por un delito continuado de condución sen permiso tras ser 'cazado' dúas veces con catro días de diferenza conducindo o seu vehículo Audi 80 a pesar de que lle retiraran o permiso de conducir con anterioridade.
O Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra interpúxolle unha condena a seis meses de prisión e comisoulle o seu vehículo Audi 80, pero el recorreu o ditame xudicial. Agora, a Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra rexeitou o recurso, de modo que a sentenza queda confirmada.
Segundo consta na sentenza, a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra retiráralle o carné xa en xullo de 2014, pero esta condena é por dúas infracións cometidas oito meses despois, cando tiña 78 anos. Tráfico 'pillouno' na primeira conduta infractora o 5 de marzo de 2015 cando circulaba pola estrada EP-0507 ao seu paso por Caldas de Reis. Catro días despois, o 9 de marzo de 2015, volveron sorprendelo na comarca de Umia na estrada N-550 no seu Audi 80.
A este septuaxenario pontevedrés cónstanlle tres sentencias previas ao Xulgado do Penal por delitos de tráfico. A primera é do Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía do 28 de outubro de 2014, a segunda é do 24 de febreiro de 2015 do Xulgado de Instrución número 2 de Caldas de Reis e a terceira do 24 de febreiro do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados. Á hora de impoñerlle a última do Xulgado do Penal e da Audiencia Provincial tívose en conta a circunstancia agravante de reincidencia.