Este ano aos marinenses custaralles menos ir ao cemiterio
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín ten previsto levar a cabo a mellora do tramo do camiño da Laxe ata a subida ao cemiterio, un treito que se atopaba moi deteriorado.
O seu mal estado de conservación fai necesaria e urxente a súa reparación polo que o goberno local cursou a orde oportuna para que as brigadas municipais reparen o camiño cunha nova capa de formigón.
Por agora estes tramos permanecen cortados ao tráfico rodado. A previsión do Concello é que o camiño poida soportar o paso dos vehículos unha vez que se finalice o formigonado.
O goberno local espera que o desenvolvemento destes traballos xeren as menores molestias posibles.