RADIO.- Dale la vuelta pon ao teu alcance unha "guía para ser feliz"
Por Marisa Ciordia
Os comezos de ano adoitan ser propicios para os bos propósitos. Se ese obxectivo é ademais ser felices, que mellor momento para seguir as pautas que María González González dános neste Dale la vuelta de PontevedraViva Radio.
Unha guía para ser feliz ao alcance de calquera, xa que alcanzar ese estado de plena satisfacción só depende de cada un.
María González explica neste programa como ir cambiando algunhas pautas erróneas que aprendemos e asumimos no noso inconsciente, para ir "axustando" ou "instalando un novo software" dentro de cada un. Prestar atención aos pensamentos, ás palabras, a todo aquilo que queremos ou que non queremos, ás emocións. A ver e recoñecer as virtudes e capacidades que temos.
E se tes calquera dúbida, en Dale la vuelta pódese preguntar: mariadalelavuelta@gmail.com