Máis de 80 persoas inician o Camiño Portugués a Santiago para facer visibles as súas doenzas
Por Redacción
Máis de 80 persoas pertencentes a cinco asociacións relacionadas con Pontevedra e que reúnen a enfermos crónicos ou teñen obxectivos sociais iniciaron a primeiras horas desta mañá de domingo a primeira etapa do Camiño Portugués a Santiago. Entre os participantes atópanse menores con parálise cerebral e tamén con diabete.
Trátase do proxecto Xuntos no Camiño no que participan ASAMPO, Asociación de Amigos da Pontevedrada (colectivo que traballa para aumentar as doazóns de órganos; ASSEII, Asociación Socio-Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal; ANEDIA: Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia; PEDALADAS: asociación para a promoción da mobilidade alternativa e AMENCER-ASPACE: Asociación de Atención á Parálise Cerebral e outras patoloxías afíns.
Esta primeira etapa iniciábase en Tui e discorreu ata O Porriño cun percorrido superior aos 17 quilómetros. Os participantes fixeron fronte ao frío e co apoio da Garda Civil de Tráfico levaron a cabo o seu propósito colocando sinais, realizadas e pintadas por eles, para mellorar a indicación do camiño.
Os menores con parálise cerebral realizaron un percorrido máis curto, ante a imposibilidade de circular con cadeiras de rodas por algúns tramos que non se atopan adaptados.
A segunda etapa está prevista, se as condicións metereológicas o permiten, para o 5 de febreiro entre O Porriño e Redondela. Con esta iniciativa quérese buscar unha maior sensibilización da cidadanía e das administracións coas persoas que padecen enfermidades crónicas.
Relacionadas:
-
Cen globos para fomentar a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos
Por Redacción |
-
Reto conseguido! Xuntos no Camiño chega a Compostela
Por Redacción |
-
A parálise cerebral, protagonista da quinta etapa do reto Xuntos no Camiño
Por Redacción |
-
Xuntos no Camiño completa dúas novas etapas
Por Redacción |
-
Os participantes do reto "Xuntos no Camiño" afrontan dúas novas etapas
Por Redacción |
-
Persoas con parálise cerebral loitan por entrar no mercado laboral
Por Redacción |
-
En marcha a Pontevedrada 2017: ábrese o prazo de inscripción
Por Redacción |
-
RADIO.- Alfonso González... a culpa foi de Jesús Quintero
Por Marisa Ciordia |
-
Cinco asociacións unidas e un Camiño Portugués a Santiago
Por Anxo Lourido |
-
Cinco asociacións de Pontevedra poñen en marcha o proxecto "Xuntos no Camiño"
Por Redacción |