O parque infantil de Ponte Caldelas estrea un columpio adaptado
Por Redacción
Os nenos con problemas de mobilidade xa dispoñen dun columpio adaptado no novo parque infantil do centro de Ponte Caldelas.
A mellora, que quedou pendente do subministro por parte dunha empresa especializada trala inauguración do parque a finais do pasado mes de novembro, culmina así a transformación do principal espazo de lecer da vila.
A instalación deste elemento responde á petición que tiña realizado algunha familia local cansada de que os seus fillos non puidesen gozar do espazo de xogo. Está fabricado por unha firma que só produce a demanda.
O Concello está a acometer unha progresiva reforma de todos os parques infantís do municipio, que se atopaban nun estado de conservación moi malo, ata o punto de que varios deles mesmo estaban fóra de servizo a causa do deterioro.
As obras máis relevantes realizáronse neste parque central.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas completa a reforma dos parques infantís urbanos con tres novas actuacións
Por Redacción |
-
Cansos dos actos vandálicos no parque infantil do centro urbano
Por Redacción |
-
A escola infantil de Ponte Caldelas recibe un feixe de libros
Por Redacción |
-
400 globos para estrear un parque infantil con tirolina en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Xustáns estrea as melloras no parque infantil e na Casa do Pobo
Por Redacción |
-
O goberno de Ponte Caldelas denuncia a "herdanza recibida" nas instalacións infantís
Por Redacción | Creada e actualizada