Preocupación por frecuentes cortes de luz que afectan a servizos municipais e á Universidade
Por Redacción
O Concello de Pontevedra está preocupado polos "frecuentes" cortes de luz que se producen na contorna da praza de España, o antigo edificio consistorial e o Teatro Principal e que desde o pasado mes de decembro afectan a vivendas particulares e inmobles públicos, pois alteran o funcionamento de servizos municipais e da Universidade de Vigo.
Cunha frecuencia media dunha vez á semana os veciños padecen os cortes de subministración na súa casa e tamén quedan sen luz en instalacións como o Teatro Prinicpal, o antigo consistorio ou edificios como o da rúa Churruchaos, no que están situados parte dos servizos técnicos municipais, así como a Casa das Campás, sede do Vicerreitorado da Unviersidad de Vigo en Pontevedra.
A concelleira responsable de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, indicou que o último corte é deste mesmo venres, pero non considera que se poida achacar ao forte temporal das últimas horas, senón a factores alleos ao mesmo. De feito, é unha situación que se repite desde o pasado mes de decembro e en días sen complicacións meteorolóxicas. A primeira vez que teñen constancia coincidiu cunha actividade do Nadal.
Ante esta situación frecuente, o Concello decidiu poñerse en contacto coa Xunta de Galicia e a Consellería de Economía e Industria e tamén coa empresa subministradora do servizo de electricidade, Gas Natural Fenosa. Enviaranlle un escrito para pescudar que pasa e buscar solucións.
Relacionadas:
-
Fenosa cambia un transformador para evitar apagóns nas inmediacións do Principal
Por Alejandro Espiño |
-
Gas Natural Fenosa, sinalada polo BNG como a responsable do "mal estado" da rede eléctrica galega
Por Alejandro Espiño |
-
Preto de 23.000 persoas na provincia seguen sufrindo cortes de luz polo temporal
Por Redacción |