María Rey pasa a formar parte do consello xeral de Cidadáns
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A concelleira de Cidadáns en Pontevedra, María Rey, formará parte do máximo órgano da formación política, o Consello Xeral.
Rey foi elixida polos compromisarios do seu partido na IV Asemblea Xeral celebrada esta fin de semana en Madrid, na primeira vez que se renova este órgano de decisión desde 2011, cando Cidadáns era unha formación netamente catalá.
María Rey asistiu á asemblea, na que se pretendían marcar as liñas para seguir pola formación laranxa, como compromisaria por Galicia. No encontro presentáronse candidaturas para formar parte deste órgano, saíndo elixida a lista de Albert Rivera, da que formaba parte a edil pontevedresa.
Tras esta elección, na que foi escollida xunto a outros catro membros de Galicia, mostrouse "agradecida por la confianza" asegurando que buscará "seguir defendiendo los intereses y necesidades de Galicia en el debate nacional para tenga un peso mayor en toda la estrategia de partido".
O Consello Xeral ten en Cidadáns o labor de controlar á executiva, elabora propostas e proxectos sobre a organización e estratexias, aproba a participación en procesos electorais e dá o visto e prace aos orzamentos do partido, o informe de xestión e o documento de estratexia política presentado pola dirección.