Unanimidade en Bueu para gravar ás empresas enerxéticas polo uso do dominio público
Por Oskar Viéitez
A corporación de Bueu aprobou unha moción do BNG para xestionar unha taxa pola utilización do dominio público por parte das empresas de enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos.
A proposta contou cos votos favorables dos concelleiros de todos os grupos.
Non houbo a mesma sintonía coa proposta do edil de ACB-SON, Julio Villanueva para dotar dunha asignación fixa mensual de 100 euros mensuais a cada grupo político máis outros dez por concelleiro electo. A moción foi rexeitada polo resto dos membros da corporación.
A proposta do goberno local para tratar os temas referentes a obras maiores de forma directa en xunta de goberno en lugar de pasar por comisión informativa saíu adiante cos votos a favor de BNG e ACB-SON, comprometéndose e alcalde, Félix Juncal, a facilitar toda a documentación aos grupos da oposición aínda que esas obras non se traten en comisión informativa.