Persoas con parálise cerebral loitan por entrar no mercado laboral
Por Redacción
Un grupo de persoas con parálise cerebral participan nun programa de formación que combina as habilidades sociais e a aprendizaxe de técnicas de papel. O proxecto realizado co apoio da Fundación ONCE e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), ten como obxectivo favorecer a inclusión do colectivo no mercado laboral.
No proxecto participan usuarios da asociación de Amencer-ASPACE de Pontevedra.
Nos talleres quérense crear materiais que poidan ter unha saída mercantil, de modo que se potencie a motivación, a responsabilidade e a autonomía do participante.
O programa de formación e emprego xestiónase con dous orientadores laborais especialistas na inserción laboral do colectivo, prestando servizos de acollida, orientación, prospección laboral e formativa e emprego con apoio, a máis de 80 usuarios atendidos ao ano.