Solicitan ao Sergas unha ambulancia medicalizada e un pediatra de urxencias para Portonovo
Por Redacción
Unha ambulancia medicalizada que estea dispoñible todo o ano e un pediatra de urxencias. Son as peticións que realizaron ao Sergas por escrito a asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo e a federación de ANPAS O'Con para o centro de saúde de Baltar, en Portonovo.
Ambas as peticións van acompañadas de 1.759 firmas de veciños de Portonovo.
Os colectivos lembran que este centro de saúde só conta cunha ambulancia medicalizada no verán, quedando sen servizo durante o resto do ano. Así, unha única ambulancia asistencial atende aos concellos de Sanxenxo, O Grove, Cambados, Meaño, Meis, Ribadumia e Poio.
Ademais, lembra que só hai un médico de garda no PAC e, no caso de que a ambulancia requira a súa presenza, o centro queda sen persoal cualificado para atender calquera emerxencia que se poida producir.
Esta carencia, denuncian, supón unha redución importante da calidade dos servizos prestados e un risco a maiores que deben asumir os pacientes.
A esta situación engaden que os dous pediatras do centro atenden só en horario de mañá, polo que fóra desas horas, o centro máis próximo é o Hospital Provincial de Pontevedra, unha circunstancia "especialmente preocupante" para os nenos máis vulnerables desde o punto de vista clínico.
Relacionadas:
-
Os usuarios do PAC de Baltar quéixanse pola avaría do aparato de raios X
Por Oskar Viéitez |
-
A Valedora do Pobo considera insuficientes as explicacións do Sergas sobre a falta de pediatras en Baltar
Por Redacción |
-
Manifestación veciñal para esixir a mellora do servizo no centro de saúde de Baltar
Por Redacción |
-
Sanxenxo reclama unha ambulancia medicalizada e melloras en Pediatría
Por Redacción |
-
Piden permiso para unha manifestación o Venres Santo polas melloras no PAC de Baltar
Por Redacción |
-
O 061 incorpora unha ambulancia medicalizada en Sanxenxo ata o 31 de agosto
Por Redacción |