Así celebra Pontevedra o Día Internacional da Muller Traballadora
Por Redacción
Pontevedra celebra o Día Internacional da Muller Traballadora ofrecendo unha postura reivindicativa da súa figura.
11:30 horas UGT Pontevedra entrega o premio á muller traballadora á compañeira e Secretaria Xeral de Fete-Ugt Pontevedra, María Luisa de Sáa Fernández
12:00 horas. CC.OO. de Pontevedra convoca en conmemoración do Dia da muller traballadora, unha concentración de Delegadas diante do Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra. O remate da concentración procederase a presentar un Manifesto da Secretaría da Muller de CC.OO.
16:30 e as 18:30 horas. Para facer partícipes aos pontevedreses do seu compromiso coa igualdade e os dereitos da muller, Cruz Vermella montará un stand informativo na praza de Barcelos.
19:30 horas. Praza 8 de marzo. A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces asiste á lectura do manifesto do Concello con motivo do Día da Muller Traballadora. O documento foi elaborado por todos os estudantes que participaron no Club de Debate 2013.
20:00 horas. O Teatro Principal acollerá a representación de Mariacastaña, a cargo do grupo de teatro afeccionado Avelaiña. O prezo da entrada será de tres euros.
20:00 horas A deputada, Ana Isabel Vázquez, asiste ás actividades organizadas con motivo do Día internacional da muller traballadora. No Salón de actos do sexto edificio do Museo de Pontevedra.
E o SÁBADO desde as 11:30 ata as 14 horas. A compañía Chevere pon en marcha un «Escaparate de Xénero» polas rúas da cidade. Serán pequenas representacións de entre dez e 15 minutos nos escaparates
- 11:30 horas. Cuplé, rúa Michelena
- 12:00 horas. Alba Conde, rúa da Oliva
- 12:30 horas. Moda Center, rúa da Peregrina
- 13:00 horas. Pronovias, rúa da Oliva
- 13:30 horas. Gabatta, rúa dos soportais (Pza. da Ferraría)