O PP de Poio pide unha rebaixa do IBI para as familias numerosas
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular en Poio ven de presentar unha moción solicitando unha reducción sobre a cota do imposto correspondente ás vivendas habituais das 186 familias numerosas que residen no municipio.
A bonificación sería de ata o 90% e dependería do número de fillos, o valor do inmoble e o nivel de ingresos, similar ás medidas adoptadas por outros moitos concellos pontevedreses.
O PP pide que se estuden outros beneficios e axudas para estas familias, que segundo a concelleira Nati Torres representan aproximadamente a 900 veciños "ante os que o Concello de Poio non debe seguir indiferente".
A moción dos populares, que esperan non atope oposición polo resto dos grupos, busca comezar a implantar en Poio medidas de apoio a estas familias "que ata o de agora non recibiron ningunha axuda do concello".