Carneiro á fuga en Marín
Por Redacción
Sen dúbida resulta unha escena rechamante contemplar a un carneiro entre o tráfico fuxindo da Policía Local e da Protección Civil polas rúas de Marín.
A historia a conta o xornalista Fernando Martínez, no Faro de Vigo.
A rúa Jaime Janer e a barriada Nosa Señora do Carme viviron esta movilización dos efectivos de seguridade detrás do animal que se escapou dunha leira próxima.
O carnero paseou polo centro da vila ata que se asustou co tránsito de vehículos e persoas, "polo que iniciou unha divertida carreira pola calzada para fuxir de vehículos e perseguidores".
Algúns voluntarios sumáronse á persecución iniciada polos axentes ata a súa captura.
O periplo do carneiro iniciouse nas leiras próximas ao colexio Sequelo ata a barriada de suboficiiles, pasando polo centro da rúa Jaime Janer.
O propietario do carneiro púxose en contacto coa Policía para dar aviso da súa fuga, "polo que unha vez capturado, o rumiante foi entregado ao seu cuidador que se alegrou de que o animal non causase ningún dano na súa aventura", relata o Faro.