Xa está listo o proxecto para a reforma do centro social de Estribela
O proxecto para a reforma do vello mercado de Estribela nun centro social xa está listo para o comezo das obras. Recolle, segundo o anunciou na mañá de este venres 10 o concelleiro do Rural, Demetrio Gómez, todos os plantexamentos que se facían no plan de parroquia e tamén as poucas demandas que presentou o consello parroquial e que había que incorporar.
O resultado será un novo centro social de última xeración e un dos máis grandes do concello, cuns 672 metros cadrados, no que se investirán preto de medio millón de euros.
Será de última xeración, en palabras do concelleiro, "porque será completamente sustentable", tanto desde o punto de vista económico, porque se aproveitan os recursos existentes, como desde o punto de vista ambiental, xa que se reutiliza a infraestructura do vello mercado e se inxire nunha zona da cidade que está bastante rehabilitada grazas ao plan ARI (Área de Rehabiltación Integral). Ademais, será respectuosa e eficiente co medio ambiente pola climatización e o alumeado.
Haberá realmente "dous centros sociais", cunha planta baixa que será utilizada para usos específicos, como exposicións, proxeccións e conferencias, e un andar superior "completamente independente" no que se cumpriron os requisitos da sala de reunións de que se comparta o mesmo despacho por parte de todas as entidade aínda que se conte con mobiliario para que cada quen independice a súa documentación, o cal permite gañar moito espazo.
O concelleiro tamén sinalou a presenza dunha galería, elemento tradicional galego, que será visible desde o exterior e permitirá contar con iluminación natural gran parte do día, e dunha sala de estar onde "xogar a partida" e pasar o rato que, segundo teñen comprobado, "funciona moi ben nos centros sociais".
Actualmente están preparando a documentación necesaria para poder expoñer o proxecto na parroquia, e "con sorte" esperan comezar as obras este ano.
Relacionadas:
-
Estribela estreará en febreiro o seu novo centro social
Por Redacción |
-
Estribela estreará o seu renovado centro social a finais de ano
Por Alejandro Espiño |
-
O PP insiste en revitalizar o mercado de Estribela como transmisor da "esencia mariñeira" da parroquia
Por Redacción |
-
Saen a contratación as obras para converter en Casa de Cultura o vello mercado de Estribela
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide revitalizar o mercado de Estribela e "abrir a porta" a novos vendedores
Por Alejandro Espiño |
-
De vello mercado de Estribela a novo centro social de Lourizán
Por Redacción |
-
Estribela aposta por darlle novos usos ao Centro Social
Por Redacción |