Operativos de tráfico polo Urban Trail Night e o entroido de Monte Porreiro
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra ten previstos dous operativos especiais de tráfico con motivo da Urban Trail Night e o entroido de Monte Porreiro
- A Urban Trail Night terá lugar o sábado 11 de marzo entre as 20 e as 22 horas.
- De 19:45 a 20:30 horas se pechará a Avenida de Bos Aires entre a Ponte dos Tirantes e Monte Porreiro.
- De 20 a 21:45 horas se desviará a circulación da Avenida do Uruguai e Avenida de Bos Aires pola Avenida de Domingo Fontán, a través das pontes de Santiago e as Correntes.
- O resto do percorrido da proba non provocará desvíos ou cortes de rúas á circulación de vehículos.
- Entroido de Monte Porreiro. O domingo 12 de marzo celebrase o desfile de entroido no barrio de Monte Porreiro que fora aprazado o día 5. O acto leva aparelladas importantes restricións na circulación de vehículos, tanto para os usuarios en tránsito, coma para os residentes. Coa finalidade de minimizar o impacto sobre a mobilidade, a Policía Local de Pontevedra vai a poñer en marcha restricións circulatorias.
- Produciranse entre as 11 e as 14 horas. Se establecen desvíos para os usuarios en tránsito, e permitirase o acceso e saída de residentes onde sexa posible.
- Prohíbese estacionar a partir das 9 horas do domingo 12 de marzo no tramo final da rúa Alemaña.