Sobe o guindastre en Pontevedra: a retirada do coche pasa de 86 a 115 euros
Por Alejandro Espiño
Un 30 por cento. ÿ o aumento que, de media, terá o servizo do guindastre municipal. ÿ a proposta que o Concello de Pontevedra trasladará ao próximo pleno da corporación local. Débese a que cos prezos actuais este servizo é deficitario e aínda que con esta medida seguirao sendo redúcese a marxe. Segundo explicou o concelleiro de Facenda, Raimundo González, o seu custo ascende a 637.000 euros e, cos novos prezos, espérase recaudar 545.000 euros.
O principal concepto de cobro, a retirada do coche por parte do guindastre, pasará dos 86 euros actuais aos 115 euros, ao que habería que sumar o custo da multa, que supón un mínimo de 100 euros, e o tempo de permanencia do turismo no depósito, un euro á hora ata un máximo de dez e, posteriormente, 15 euros por cada 24 horas.
Ademais, a retirada de ciclomotores e motocicletas pasará a custar 55 euros e a de bicicletas, 15 euros. Tamén se estipulan prezos para a retirada de vehículos de gran tonelaje e camións, entre os 158 e os 292 euros. Todos estes prezos reduciranse nun 50 por cento se o guindastre engancha ou despraza o vehículo infractor sen levalo ata o depósito. No caso dos turismos, serían 57,50 euros.
O concelleiro de Facenda, Raimundo González, recordou que estas taxas só as abonan os que incumplan a normativa de tráfico. "Só se lles retira o coche aos infratores, non a toda a cidadanía", xa que insistiu que se se despraza un coche ben aparcado debido a obras ou ao paso dun desfile, por exemplo, "non se cobra nada aos cidadáns".
Estes prezos entrarán en vigor nuns dous meses, máis ou menos o prazo que se calcula para que o servizo do guindastre municipal, explotado pola empresa Setex Aparki, comece a aplicar o novo contrato co Concello de Pontevedra. Trátase dun acordo que, entre outras novidades, obrigará a que o guindastre conte con terminales TPV para poder pagar con tarxeta, "tamén nos vehículos que van retirando os coches e non só non depósito".
Relacionadas:
-
O PP teme que o principal estímulo da Policía Local sexa o afán recadador
Por Redacción |
-
Entra en vigor a nova taxa do guindastre: 115 euros por enganche
Por Oskar Viéitez |
-
O PP asegura que só Vigo cobrará máis pola retirada de vehículos que Pontevedra en Galicia
Por Redacción |
-
Líbrase dunha multa porque o sinal que lle prohibía aparcar estaba só en galego
Por Natalia Puga |