Os populares lamentan que o BNG sexa "incapaz" de xestionar a metade dos seus investimentos
Por Alejandro Espiño
O Partido Popular denunciou os datos "falseados" que achegou o edil de Facenda, Raimundo González, respecto da liquidación do orzamento municipal de 2016. O concelleiro Rafael Domínguez explicou que Intervención cifra nun 58% a taxa de execución dos investimentos previstos, "vinte puntos por baixo do anunciado".
Para os populares, o goberno municipal foi "incapaz" de xestionar a metade dos case 19 millóns de euros que se prevían para investimentos o ano pasado.
O PP explica que para alcanzar o 75% anunciado por Raimundo González, incorporáronse obras orzadas pero non executadas nin pagas.
Domínguez lamentou que o BNG "no cumpla sus propias previsiones" e lembrou que os principais prexudicados son os veciños de Pontevedra "que no ven materializadas las promesas" do equipo de goberno.
"Anuncian una y otra vez las mismas obras bajo la fórmula de digo lo mismo de forma diferente para que parezca nuevo", engadiu o edil popular, que insistiu na "parálisis" que aprecian no Concello.