Un incendio calcina unha mercería de Moraña
Por Redacción
Un incendio declarado esta noite nunha mercería de Moraña provocou diversos danos materiais.
Segundo informou o 112, o lume calcinou o mobiliario e toda a mercadoría que había no local. Ademais, causou danos á estrutura do establecemento. As vivendas situadas encima da tenda tamén se viron afectadas polo fume, segundo informou esta mesma fonte.
O edificio no que se declarou o lume sitúase na Rúa 1 da localidade. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 22:00 horas do luns para explicar o que estaba a ocorrer.
Acto seguido, desde o Centro de Atención ás Emerxencias alertouse aos Bombeiros do Salnés e ao GES da Estrada. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil.