Unha colisión múltiple en Figueirido deixa dous feridos
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste mércores nunha colisión múltiple en Vilaboa e foi necesario o seu traslado ao Hospital Quirón Salud Miguel Domínguez de Pontevedra para recibir asistencia. Víronse implicados tres vehículos.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente tivo lugar na estrada N-550, ao seu paso pola parroquia de Figueirido, concretamente no punto quilométrico 128. O 112 Galicia recibía a alerta do sinistro por parte da Garda Civil de Tráfico ás 09.20 horas.
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Morrazo e a Protección Civil de Vilaboa.