Hai mal rollo entre o Concello e Pedaladas?
Por Oskar Viéitez
Este xoves presentáronse as actividades que acollerá Pontevedra en abril con motivo do mes da bicicleta, unhas actividades organizadas en solitario por Pedaladas.
Nos últimos anos esta asociación e o goberno local de Pontevedra foron da man para organizar este tipo de iniciativas, con todo, hoxe comparecían en rolda de prensa Quique Pérez e Manuel Torres, portavoces dos colectivos de defensa do uso da bicicleta Pedaladas e Masa Crítica. Que pasou?
Un sinal de que falta aquela boa sintonía e que aínda non hai autorización para a celebración da Pedalada popular, os organizadores falaron coa Policía Local para solicitar o día 30 de abril "pero como a día de hoxe a Mesa da Bicicleta leva parada oito meses non sabemos nada das iniciativas do propio Concello", apunta Quique Pérez.
"Este ano estamos completamente apagados", engade.
A Mesa pola Bicicleta é un órgano de participación cidadá que convoca o Concello de Pontevedra e na que Pedaladas e Masa Crítica eran "parte activa".
Quique Pérez cre que "o único que pode pasar, se están enfadados con nós, sería polas nosas declaracións da SuperMazá do barrio do Castañal, pola reunión cos veciños de Mollabao pedindo as medidas de calmado do tráfico ou... que máis cousas fixemos mal?", pregúntalle ao seu compañeiro Manuel Torres.
"A nosa función non pode ser pregarnos a que todo está ben"
"En xeral nós somos xente que nos gusta moito traballar en Pontevedra porque cremos que o modelo de cidade fantástico e facilítanos moito as cousas, pero somos xente con criterio, críticos polo tanto, e onde vemos algún problemiña pois tamén o resaltamos", explica Manuel Torres, "ao mellor iso non gusta tanto".
"A nosa función non pode ser pregarnos a que todo está ben. Temos que resaltar o que está mal, pensamos que é unha maneira de contribuír a mellorar o que xa temos", apunta.
30 días para enBICIarse
Entre as actividades organizadas para o mes de abril están:
- Día 2. BTT Cidade de Pontevedra., organizada polo Clube Ciclista Farto.
- Día 9. Ruta ao Pazo de Lourizán. Praza de España, ás 11 horas
- Día 11. Bici Lúa en Monte Porreiro. Praza de España, 21 horas
- Día 16. Ruta a Lourido-A Seca. Praza de España, 11 horas
- Día 19. Día internacional da Bicicleta
- Día 21. Curso de mecánica básica. Centro Social Leste, 20 horas.
- Días 22 y 23. BTT 4 Picos, organizado por Global DxT
- Día 27. Paseo de Masa Crítica, Praza Peregrina, 21 horas.
Relacionadas:
-
A Deputación convoca a mesa provincial da bicicleta
Por Redacción |
-
Pedaladas está decepcionada co proxecto para Loureiro Crespo e propón unha "Súper Mazá"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP critica que a Mesa pola Bicicleta leve dende agosto sen reunirse
Por Oskar Viéitez |
-
Cuadriplícanse as sancións a ciclistas en catro anos: 183 en 2016
Por Redacción |