Dezaseis anos leva Pilar Portela como xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra e en contadísimas ocasións ten decidido a falar en público; de feito, esta é a primeira entrevista que concede a unha radio, declara ao comezo desta entrevista.
Se hai dúas persoas ás que constantemente fai referencia Pilar Portela nesta Playlist de PontevedraViva Radio, - e con permiso do resto da familia -, son o seu marido Luís e a súa avoa Maruja. Unha "crack" como a define a súa neta e á que segue botando de menos.
Como sería esa paixón, que dunha viaxe que fixo a Los Ángeles, PIlar decidiu traerlle un agasallo moi especial para ela, unha estatuílla dos Óscar co lema: á mellor avoa.
E foi precisamente a avoa Maruja, en realidade María Luisa, a que un día lle dixo "ese mozo gústame para tí"... e levan quince casados.
A maior de catro irmáns, estudou Económicas na Universidade de Santiago de Compostela e engadiu en Madrid un Máster en Dirección de Empresas.
Gústanlle as disciplinas artísticas e quizáis a consecuencia diso, o seu hobbie é viaxar. Recomenda a India e Perú e ten pendente volver a Exipto; quen sabe se neste ano tan especial para a familia poden cumprilo.
Coñece de preto á directora xerente do Pazo da Cultura, responsable de gran parte da programación cultural da que se pode gozar na cidade, a través das cancións da súa vida na súa primeira entrevista radiofónica.