O Porto de Marín, referente mundial para a distribución de compoñentes eólicos
Por Redacción
Durante esta semana, o porto de Marín rexistrou un almacenamento de ata 180 seccións de aeroxeradores que xa se embarcaron para o seu destino. O movemento deste tipo de elementos eólicos converteuse nun dos puntos estratéxicos máis importantes do tráfico portuario. España é o terceiro país en exportacións de compoñentes eólicos e o Porto de Marín pasou a ser un dos principais referentes.
Durante 2016, este tráfico incrementouse nun 42% respecto ao ano anterior. En 2017, as cifras continúan evolucionando na mesma dirección. A maior parte da mercadoría, segundo a Autoridade Portuaria, que se exporta desde Marín procede de fábricas situadas en Galicia e Castela León a través da consignataria Grupo Nogar.
Os últimos materiais trasladáronse aos portos de Burns Harbor, no Estado de Indiana (EEUU) e a Beaumont, en Texas.
Segundo a Autoridade Portuaria, este tráfico require de operativos complexos para mover as pezas que chegan a través de transportes especiais. Alcanzan ata 40 metros de lonxitude e 80 toneladas de peso. O Grupo Nogar ten dous guindastres automóbiles que cargan unha media de 20 seccións por barco.
Relacionadas:
-
6.000 toneladas de xeradores eólicos viaxan en 4 buques desde Marín ata Estados Unidos
Por Redacción |
-
Operativo histórico no Porto de Marín: doce buques en tres días
Por Redacción |
-
En cinco anos os municipios da provincia recadaron 13,3 millóns polo IBI dos parques eólicos
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 1,2 millóns de euros en axudas para 31 concellos da provincia derivados dos parques eólicos
Por Redacción |