Marín proxecta a segunda fase de melloras na contorna do río Lameira fronte ao centro de saúde
Por Redacción
Unha vez rematada a primeira fase do proxecto de mellora da contorna do río Lameira, próximo ao centro de saúde de Marín, agora o equipo de goberno que dirixe María Ramallo ten previsto actuar na beira de en fronte ao edificio sanitario, quedando expedita a servidume marcada por Augas de Galicia e realizando as expropiacións para este tramo.
O proxecto céntrase nunha obra hidráulica para a que é precisa a ocupación dos terreos limítrofes ao río. O goberno local iniciou a súa tramitación para a aprobación inicial da proposta, que se expoñerá ao pública coa posibilidade de presentar alegacións. No caso de que se aprobe definitivamente levará a cabo a contratación administrativa.
As obras realizaranse enfronte da parcela onde se construíu o centro de saúde de Marín.
Este proxecto conta cun orzamento de execución que supera os 114.276 euros, tras solicitar axuda ao Plan Concellos 2017. O custo das expropiacións será asumido polo concello e alcanza os 16.573 euros.