Dez anos palilleando con arte en Portonovo
Por Redacción
Portonovo converteuse na capital do palillo durante este domingo coa participación de 700 palilleiras na decima edición deste encontro que se desenvolve nesta localidade de Sanxenxo.
Para o desenvolvemento deste evento instalábase unha carpa nas proximidades ao campo de Baltar e alí estas artesás, procedentes de diversos puntos de Galicia, ofreceron a súa mestría neste oficio elaborando teas con encaixes. Non faltaron mozos que se sumaron á actividade para continuar coa tradición desta tradicional arte.
A festa contou con diversas actividades de lecer e coincidiu coa celebración do día do ovo frito na vila. Centos de persoas aproveitaron o día de sol para achegarse por Portonovo para participar destes eventos tradicionais e gastronómicos.