Os cambios na ordenanza de terrazas e veladores supoñerán un "proceso longo" de negociación
Por Diego Espiño
O goberno local proponse iniciar un proceso de negociación "cos diferentes actores que teñen algo que dicir" na renovación da ordenanza que regula as 1.859 terrazas e veladores do municipio.
Nunha cidade que cambiou substancialmente nos últimos anos e con aspectos como a lexislación sobre o consumo de tabaco que multiplicou a presenza de terrazas nas rúas "non podemos seguir regulando estes cambios coa ordenanza do ano 97", recoñece a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.
A edil anunciou este martes o inicio dunha serie de reunións con diferentes colectivos e asociacións da cidade, empezando o día 24 coa asociación de hostaleiros (Hoempo) para continuar con agrupacións como Zona Monumental, hostaleiros, Aempe, Cogami, Amizade ou a ONCE, entre outros.
Será "un proceso longo pero confío en que se chegue a un acordo que satisfaga a todos", recoñeceu Gulías.
Antes de elaborar un borrador da ordenanza, recorrerase aos técnicos municipais para que elaboren un informe para "ver en que medida se está cumprindo no tema de material, anclaxes..." na actualidade.
Ademais, sinalou a concelleira, "preocúpanos e queremos controlar o tema da accesibilidade" para que estea incluída regulación específica no novo texto. Tamén se falará nas negociacións de aspectos como os horarios de instalación dos veladores para que non interfiran "cos servizos de limpeza ou de carga e descarga".
Unha vez estea elaborado o borrador da renovada ordenanza, será remitido a todas as asociacións e tamén aos grupos da oposición para que poidan presentar as súas alegacións, o que fará que o proceso se estenda "varios meses".
Neste aspecto o Partido Popular expresou a súa decepción polo atraso que este proceso de negociación supoñerá a unha ordenanza que "urge" aos profesionais e que, entenden, debería estar lista para a tempada estival.
Relacionadas:
-
O Carabela perde o monopolio da terraza na Praza da Estrela
Por Oskar Viéitez |
-
O "bo ambiente" entre sectores, clave para acelerar a ordenanza de terrazas
Por Alejandro Espiño |
-
Os comerciantes piden que as terrazas dos bares non resten visibilidade aos seus negocios
Por Redacción |
-
O Concello, "predisposto" a ampliar o horario das terrazas da hostalería
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Unha nova ordenanza de veladores e terrazas, co silencio xeralizado "a priori" da hostalería
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra terá nova ordenanza de terrazas e de protección animal
Por Alejandro Espiño |
-
Zona Monumental reclama un amplo consenso para actualizar a ordenanza de terrazas
Por Alejandro Espiño |
-
O PP pide unha nova ordenanza para regular as terrazas na cidade e ampliar os seus horarios
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada