Unha muller que circulaba en moto resulta ferida nun accidente nas proximidades de Eduardo Pondal
Por Redacción
Unha muller de ao redor de 40 anos resultaba ferida nun accidente que se producía ao redor das 10.30 horas deste luns na rúa Teixoeira, na contorna da gran rotonda de Eduardo Pondal.
A muller pilotaba unha motocicleta e, segundo os primeiros indicios recollidos no atestado da Policía Local, saltaba un ceda ao paso nunha das transversais sendo arroiada por un turismo que procedía da rotonda en dirección a rúa 12 de novembro.
Ata o lugar desprazábase unha ambulancia do Servizo de Emerxencias para trasladar á muller que sufría feridas leves tras o impacto. A zona quedou cortada ao tráfico durante o tempo no que a Policía Local levantou o atestado.