O instituto de Vilalonga doou glóbulos vermellos para 666 intervencións ou para 133 transplantes
Por Redacción
A Unidade de Doazón de Sangue visitou o pasado 23 de marzo o IES de Vilalonga, onde se produciron un total de 25 doazóns.
O responsable da unidade, o doutor Julio Flores, remitiu unha carta de agradecemento ao equipo directivo do centro educativo na que lembra que visitan o instituto desde o ano 1995, logrando ao longo destes anos un total de 1.332 doazóns.
Para entender a importancia deste acto solidario, explican que con esta participación, por exemplo, dispoñen de glóbulos vermellos para 666 intervencións cirúrxicas ou para 133 transplantes de órganos e plaquetas para axudar a 222 enfermos a loitar contra un cancro ou a leucemia.
O doutor Julio Flores engade nun carta que para xestionar o sistema sanitario necesítanse infraestruturas, profesionais, tecnoloxía para realizar o diagnóstico e tratamento dos enfermos, fármacos para o tratar as enfermidades e tamén "persoas que doen sangue periódicamente para devolver a saúde a outras persoas".
Na súa carta, dan a benvida ás 10 persoas que fixeron a súa primeira doazón de sangue durante esta campaña e agradece "a colaboración de todas as persoas que axudaron na organización desta iniciativa solidaria e a todas as que doaron sangue ao longo destes anos e permitiron a moitos enfermos a recuperar a saúde".